Observa
as etiquetas dos produtos que podes atopar nun comercio ou supermercado: case
todas teñen un recadro no que aparecen unha serie de liñas paralelas de
distintos grosores e unas números. É o que chamamos un “código de barras”, e
permite a identificación dos productos por medio dun aparellode raio laser, de
xeito que ao pasar pola caixa tárdase moito menos en facer a conta dos prezos;
igualmente, permite levar un control preciso dos produtos que quedan no
almacén.
Nunca reparaches nas liñas que forman os regos dun campo arado recentemente? E nos tendidos eléctricos, que combinan as liñas verticais dos postes coas horizontais curadas que forma o cable?
Na unidade anterior vimos como determinados animais teñen a pel punteada para camuflarse no seu medio. Hai outros animais que conseguen o mesmo resultado cun pel raidas, como as das cebras ou os tigres.
As liñas son protagonistas da cada apecto do mundo que nos rodea o horizonte mariño pódese interpretar como unha liña horizontal as vías do tren son dúas liñas paralelas; nos mapas, as estradas, ríos e demáis accidentes xeográficos represéntanse por medio de liñas rectas e ecurvas de distintos trazados e cores. Nas pistas polideportivas pódense practicar diversos deportes, porque os distintos campos aparecen pintados de cores diferentes...

QUE
É A LIÑA?
Observa o autorretrato de xuventude de Rafael (1352-1520) e comproba como estan trazadas as faccións do rostro: as cellas e o contorno do nariz están representados por unha sucesión de puntos, pero o noso ollo tende a unilos formando liñas.
As liñas consisten, en realidade, nunha serie de puntos postos un a continuación doutro, ou por dicilo doutro xeito, a liña resulta xerada pur un punto que se despraza. Entenderás mellor esta definición se pensas no ronsel que deixa un avión no ceo: o avión sería o punto que se despraza, deixando detrás un ronsel de gases que constitúe unha liña. O mesmo efecto pode comprobarse nas fotografías tomadas nunha rúa pola noite.
As liñas convértense, polo tanto, no grafismo básico do que dispoñemos para representar as cousas; son a ferramenta máis simple que temos para debuxar, xa que nos permiten trazar o contorno dos obxectos e, polo tanto, definir a súa forma (así, a figura queda illada do fondo e adquire entidade propia). A capacidade que ten a liña de definir contornos resulta fundamental á hora de reproducir os obxectos que nos rodean, tanto se se trata dunha representación figurativa como dun plano técnico ou con elementos simbólicos.
Recordas que, cando falabamos do punto, diciamos que non tiña dimensións? Isto non ocorre coa liña, xa que ten unha dimensión: a lonxitude, polo tanto, pódese medir. Non obstante, unha soa dimensión non é suficiente para trazar liñas, xa que ainda que teñan lonxitude, ao non ter anchura serían invisibles; por iso as materializamos cun certo grosor, que dependerá do instrumento (lapis, rotulador, pincel,...) que utilicemos. Isto non quere dicir que a liña teña máis de unha dimensión, xa que a anchura con que se trace será sempre insignificante en relación coa súa lonxitude.

TIPOS
DE LIÑA
As liñas son ilimitadas, non teñen principio nin fin; pol tanto, a súa lonxitude e indefinida. Como esta característica faría imposible o seu manexo, habitualmente traballamos con anacos que denominaremos “segmentos” e que veremos máis adiante.
Dado que as liñas teñen unha dimensión, presentan unha característica fundamental da que carecen os puntos, que é marcar unha direción. Como esa direción pode ser percorrida de dúas maneiras distintas, implica que a liña tamén ten sentido: podes comprobar que non é igual trazar unha liña vertical de arriba a abaixo (sentido descendente) que de abaixo a arriba (sentido ascendente); do mesmo xeito, as liñas inclinadas que ascenden cara á dereita teñen un significado de subida, mentres que as que ascenden de cara a esquerda identificámolas co sentido de baixada. Isto débese a que na nosa cultura occidental o sentido da “lectura” das imaxes é semellante so dos textos escritos: de esquerda a dereita e de arriba abaixo.
Segundo a súa direción, podemos clasificar a s liñas do seguinte xeito:
a) Liña recta. Aquela na que a direción sempre é a mesma. Segundo a súa posición pode ser horizontal, vertical ou inclinada.
b) Liña quebrada. Aquela que presenta cambios de dirección, formando unha liña poligonal. Cando esta pechada, define unha forma chamada polígono.
c) Liña curva. Aquela que presenta cambios de dirección progresivos. Pode presentar moitaas variantes, segundo que o cambio de direción sexa constante (arco de circunferencia), alternativo (liña ondulada),...
A forma de trazar a liña influe na súa capacidade de comuncación. Non é preciso que sexa continua, xa que se pode conseguir o mesmo efecto cunha sucesión de puntos, de trazos curtos, de puntos e trazos combinados,... A simple repetición duns elementos iguais ou semellantes pode percibirse tamén como unha liña, como podes observar nas sucesións de letras de este texto.
A expresividade da liña está vinculada á técnica gráfica utilizada: unha simpe variación do seu grosor transmite impresións diferentes. En xeral, as liñas anchas producen unha sensació de liberdade e improvisación, asociándose cos esbozos a man alzada. En cambio, as liñas finas transmiten unha imaxe de exactitude e presición, xa que se relacionan co mundo da técnica. No Debuxo Técnico, como unha linguaxe codificada, cada tipo de liña ten un significado específico, polo que é necesario utilizalas correctamente.

EXPRESIÓN DA LIÑA
Compara a túa caligrafía coa dos teus compañeiros e compañeiras: tedes a mesma letra? Seguramente en moitos casos é totalmente distinta. Cada quen escribe cuns trazos persoais que o identifican. O mesmo sucede ao debuxar: cnado representas unha imaxe, os trazos que empregas corresponden á túa forma de ver e sentir esa imaxe, que non ten por que coincidir coas dos teus colegas.
Observa as obras que acompañan este parágrafo. Pertencen a dous artistas galegos que conseguiron unha gran expresividade empregando as liñas de diferente maneira. Os seus trazos persoais permitíronlles definir un estilo propio, de xeito que cando vemos unha das súas obras inmediatamente a asociamos co autor.

LIÑAS
RÍXIDAS E DINÁMICAS
En xeral, as liñas rectas producen impresión de rixidez, estabilidade e solidez; son liñas artificiais, apenas existen na natureza; expresan vigor e seguridade. En cambio, as curvas dan sensación de movemento, dinamismo e brandura, correspóndense con formas naturais; expresan voluptuosidade e indecisión.
A relación da liña recta coa estabilidade e a calma maniféstase especialemente cando é horizontal, xa que transmite unha idea de equilibrio, probablemente porque a asociamos co horizonte mariño ou coa solidez do chan que pisamos.
Agora ben, disposta verticalmente produce sensación de movemento, de forza ascendente, física ou espiritual: non é casual que, ao longo da Historia, os elementos nos que predominan as dimensións verticais (columnas, torres, obeliscos,... foran utilizados para conmemorar acontecimientos de importancia, para coroar edfificios relixiosos e para establecer singulares no espacio. O vertical asóciase así co firme, o digno, o forte,...
Por último, a liña recta inclinada relaciónase coa idea de inestabilidade. Pode considerarse como unha liña vertical que cae ou unha liña horizontal que ascende. Resulta a máis activa e dinámica das tres, xa que nos inspira unha sensación de caída, desplome ou desequilibrio, aínda que a combinación de liñas inclinadas en sentidos contrarios contribúe a estabilización.
As liñas quebradas resultan da mestura destes tres tipos de rectas, podéndose obter múltiplles combinacións que podem reforzar ou anular o dinamismo segundo as posicións relativas entre elas.
Polo que respectas ás liñas curvas, asócianse coa idea de dinamismo e movemento, podendo ser circulares, onduladas, espirais e helicoidais.
En xeral, os círculos identifícanse coa precisión do debuxo técnico, mentres que as restantes relaciónanse cos bosquexos e debuxos máis libres. Se observas un mapa topográfico verás como a diferente separación entre as curvas de nivel produce unha certa sensación de relevo; o mesmo sucede no cadro Current de Bridget Riley, no que a variación regular de separación entre liñas produce unha ilusión de movemento.

SENSITIVAS E DE PRECISIÓN
A liña ten un poder expresivo condicionado pola súa forma, grosor, colocación en relación con outras liñas,... Segundo sexa o seu trazado, poden ser liñas precisas ou sensibles.
No caso de Debuxo Técnico, os distintos tipos de liñas conforman un código que permite transmitir información concreta e precisa. Para iso servímonos de instrumentos de precisión: escuadras, compás, regra,... Teñen un trazado determinado con exactitude e previsto con antelación.
Polo contrario, os trazos que debuxan os artistas poden producir sensacións de movemento, dinamismo ou ben de quietude e espiritualidade. Habitualmente son liñas debuxadas a man alzada, máis áxiles, dinámicas e espontáneas que as trazadas con escuadras. Estas liñas, feitas con xestos aparentemente casuais, convértense así en elementos transmisores de información sensitiva; teñen a capacidade de transformarse en signos portadores dun valor expresivo, e polo tanto capaces de comunicar sentimentos e emocións: a man expresa con estes trazos a súa personalidade e incluso o su estado de ánimo.

AXUDA
PARA REPRESENTAR A REALIDADE
Inicialmente, as liñas cumpren a función fundamental de definir os contornos das cousas, permitindo a separación dos obsxectos rrespecto do fondo; o espacio pechado así definido chámase dintorno. Se non se debuxan os detalles interiores, a liña-contorno configura a silueta dos obxectos (habitualemente destácase dándolle unha cor uniforme, polo xeral negra).
Non obstante, ainda que deste xeito queda configurada a forma do obxecto, dá como resultado un debuxo plano. Se queremos obter unha impresión de volume, podemos utilizar tramas de liñas que, variando o grosor e a distancia entre elas, orixinan un sombreado, como podes observar nos gravados antigos e no papel moeda. Esta técnica do tramado pode suxerir diferentes texturas dos materiais.
A combinación de distintos tipos ou grosores de liñas, así como a separación entre elas, permite tamén a representación do volume.
Ademáis das tres dimensións do espacio, as liñas poden incluso representar a chamada cuarta dimensión: o tempo. Conséguese con recursos como as liñas cinéticas quqqe empregan os autores de bandas deseñadas, indicando nun só debuxo a traxectoria seguida por obxectos móbiles, reproducindo así o movemento.
O feito de que as liñas teñan dirección e sentido fainas imprescindibles á hora de representar traxectos e camiños, ben dexa de xeito realista, como sucede nos mapas, ou ben cun carácter simbólico, como ocorre nos planos esquemáticos que recollen as liñas de transporte público dunha cidade.

NAS
ARTES PLÁSTICAS
Xa dende a prehistoria hai constancia de pinturas rupestres con representacións abstractas de puntos e liñas. Os petroglifos que se atopan nalgunhas comarcas galegas representan esquemas lineares en torno a un punto central. A falta de técnicas e materiais máis elaborados, os nosos antergos utilizaron a liña para simplificar as formas, logrando unha gran capacidade de síntese, non só para reproducir mediante liñas simples os animais que coñecían, senón incluso o dinamismo das escenas de caza.
A prohibición islámica de representar imaxes dos seres vivos fixo que se recorrera con frecuancia a escritura como motivo decorativo (as letraas non son máis que trazados linais). Son moi abundantes os exemplos de edifiicios musulmáns, dentro e fora de España, nos que a caligrafía árabe esquematizada aporta decoración ás paredes, en pintura ou baixorrelevo. Ainda hoxe, a linealidade aporta valor estético ademáis de comunicativo ás escrituras árabe e chinesa.
O renacemento supuxo unha revitalización do debuxo. Artistas como Leonardo da Vinci, Miguel Anxo ou Rafael fixeron numerosos estudios e esbozos para os seus cadros onde a liña é a protagonista na definición das formas e expresión dos volumes.
Os gravadores tamén utilizaron as posibiliades das liñas en tramas cruzadas para recrear volumes nunha superficie plana. As obras de Alberto Durero son as máis significativas deste estilo. A capacidade expresiva do gravado foi moi empregada no comezo da Revolución Industrial para elborar ilustracións destinadas aos tratados científicos e técnicos. A imprenta encargaríase de difundilos, facendo un uso intensivo desta técnica gráfica.
Probablemente sexa na época contemporánea cando se fai unha exploración máis fonda das posibilidades artísticas da liña, ata o punto de dar lugar a movementos e tendencias baseados fundamenalmene nela, como o Neoplasicismo e a Arte Cinética. As composicións de Piet Mondrian son significativas do primeiro, caracterizado por unha partición marcada dos planos en áreas de cores primarias permedio de liñas negras claramente definidas, orixinando composicións moi xeométricas. Na chamada “Op-Art”, a liña convértese en protagonista absoluta, creando sensacións de movemento óptico no espectador, a base de repeticións de formas lineais en branco e negro combinando curvas que xeran efectos ópticos. A arte abstracta en xeral fai un uso exhaustivo da liña como forma de expresión.
A finais do século XIX apareceu a tira deseñada ou “comic”. Nacida como debuxo en branco e negro e difundida nos diarios dos anos trinta, a tira deseñada empregou a liña en todas as súas variantes (liña “clara” como simple definidora das formas, raiados e tramados para crear texturas,...) antes de que a impresión en cores lle dese novas novas posibilidades expresivas.
Os debuxos de Castelao utilizan a técnica da “liña clara” para desenvolver nunha única viñeta todo un argumento de crítica social. Como el, outros artístas galegos recorreron con frecuencia á expresividade da liña para compoñer as súas obras.