Performance
O termo performance difundiuse nas artes plásticas a partir da expresión inglesa performance art co significado de arte en vivo. Está ligado á arte conceptual, aos happenings, ao movemento artístico fluxus events e ao body art. O termo performance comezou a ser utilizado especialmente para definir certas manifestacións artísticas a finais dos anos sesenta.
A arte do performance é aquel no que o traballo o constitúen as accións dun individuo ou un grupo, nun lugar determinado e durante un tempo concreto. A performance ou "acción artística" pode acontecer en calquera lugar, iniciarse en calquera momento e pode ter calquera duración; unha "acción artística" é calquera situación que involucre catro elementos básicos: tempo, espazo, o corpo do artista e unha relación entre este e o público. A performance oponse á pintura ou a escultura, xa que non é o obxecto senón o suxeito o elemento constitutivo da obra artística.
A performance ten parentescos coa acción poética, a intermedia, a poesía visual e outras expresións da arte contemporánea. Algúns chaman a tales expresións (idénticas ou moi similares á performance): live art, action art, intervencións e manoeuvres.
O sniggling é unha forma activista e enganosa de performance arte público, que tipicamente se desenvolve de modo que os espectadores non se decaten, inicialmente, de que se está a executar unha performance.