Observa
as paredes que delimitan a túa aula. Son superficies planas, verdade?
Chamámoslles así porque son bidimensionais, é dicir, teñen dúas dimensións:
podes medir a súa lonxitude a súa altura, pero ningún punto da parede sobresae
dos demáis. Isto distíngueas das formas
tridimensionais (é dicir, de tres simensións), que xeran os volumes. O mesmo
acontece co teito e co chan: podes medir a súa lonxitude e anchura, pero,
imaxinas o que pasaría se o chan tivese algúns puntos con máis alturas qu outros?
Na aula podes ver máis superfices planas, cantas atopas?
Fíxate no cadro de Goya titulado San Francisco de Borja asistindoa un moribundo. Aínda que os matices de cor e o claroscuro producen unha sensación de volume, o cadro está formado en realidade por unha serie de manchas de pintura de distintas cores estendidas sobre a superficie plana do lenzo.
Cando queres construir unha casa, acodes a un arquitecto para que realice “os planos” da mesma. Aínda que a casa vai ser un volume con tres dimensións, e pode elaborarse unha maqueta a tamaño reducido, o proxecto arquitectónico estará constituido, entre outros documentos, polos debuxos das plantas, fachadas e seccións sobre láminas de papel que, ao ser superficies de dúas dimensións; constitúen planos (de aí o seu nome).

Que
é o plano?
Anteriormente definimos a liña como a traxectoria que orixina un punto en movemento. Se en lugar do punto consideramos unha liña recta que se move paralelamente a si mesma seguindo unha dirección constante, obteremos unha superficie plana que, como acabas de comprobar, ten dúas dimensións (lonxitude e anchura).
Comprenderás máis facilemente esta definición se pensas no feito de amasar unha pasta: o rolo desprázase cara adiante e cara atrás, de xeito paralelo a ai mesmo, pero seguindo sempre a mesma dirección. Tamén podes ver a relación entre liña e plano nas columnatas arquitectónicas: constituúen unha sucesión de columnas (liñas) que definen idelamente un muro (plano).
Xa sabes que as liñas, por ser unidimensionales, non teñen grosor (ainda que se lles asigne unha anchura para poder representala). Cos planos sucede algo parecido: teñen dúas dimensións (longo e ancho), polo que tampouco teñen grosor: se colles unha folla de papel, comprobarás que ten un grosor inapreciable, comparado ca súa anchura e lonxitude.
As superfices planas, ademáis, son ilimitadas, é dicir, non teñen principio nin final. Na práctica, esta característica faríaos inmanexables, polo que traballamos sobre porcións de planos cunhas medidas definidas, como por exemplo as láminas nas que debuxas.

A
EXPRESIÓN DO PLANO
Considerado físicamente,o plano é o soporte habitual da respresentación gráfica; os pintores e deseñadores usan o lenzo e o plano de debuxo para representar sobre eles obxectos en tres dimensións, utilizando unha serie de procedementos (perspectiva, claroscuro, esvaído,...) para converelas en imaxes bidimensionais.
O trazado de liñas sobre unha superficie plana permite definir formas. Podes construilas combinando liñas rectas e curvas segundo razoamentos de tipo matemático,co que obterás formas xeométricas, como os polígonos que estudiarás máis adiante. Tamén podes definir formas debuxando liñas a man alzada, sen un patrón definido, dando lugar ao que chamamos formas libres. As formas libres poden organizarse segundo unha estructura compacta, ou ben predominar unha dimensión sobre outra, neste caso obtemos unha forma alongada, que polotanto estará dotada de dirección;o snetido desa dirección permite distinguir formas verticais, horizontais e inclinadas.
Cando agrupamos unha serie de puntos sobre unha superficie plana sen ningún esquema organizativo predeterminado, orixinamos unha mancha. Mentres que as formas xeométricas teñen un certo rigor matemático, a mancha xorde da sensibilidade do pintor ou debuxante e, pol tanto, ten unha capacidade expresiva ilimitada. Se debuxas utilizando formas xeométricas terás unha imaxe ordenada pero ríxida, en cambio, utilizando manchas de cor obterás unha imaxe máis libre, que transmite emocións e sensacións diferentes.
Podes pintar a base de manchas de contornos definidos, obtendo figuras concretas, que se delimitan por si mesmas. Se polo contrario as manchas de cor presentan límites difusos, con pinceladas soltas que se expanden sobre o plano, conseguirás un resultado máis expresionista.
Outra posibilidade expresiva da mancha consiste en recoller o efecto da luz sobre os corpos. A combinación de reflexos e contraste de manchas de cor permite a pintores como Sorolla recoller a luminosidade mediterranea nos seus cadros.

PLANO NAS ARTES PLÁSTICAS
Os homes primitivos deixáronnos abundantes pinturas nas que representaron o seu mundo cos escasos recursos ao seu alcance. Os bisontes da cova de Altamira, por exemplo, están elaborados a base de manchas de cor conseguidas con óxidos de ferro e carbón vexetal, aproveitando moitas veces o propio relevo da pedra para darlles volume.
Os antigos exipcios tiveron grandes dificultades para representar a terceira dimensión sobre un plano. Facíano por medio de superposicións (dando a entender que as figuras que aparecen por enriba das outras están máis próximas ao espectador) ou por abatementos (representando as figuras verticais "deitadas" sobre o plano horizontal).
Na Idade Media utilizouse tamén o recurso da superposición colocando os personaxes en diferentes planos para transmitir sensación de profundidade, independientemente do tamaño relativo das figuras.
O desenvolvemento da perspectiva lineal no Renacemento permitiu representar os obxectos e personaxes dunha maneira moi semellante a como se ve en realidade: as liñas paralelas parecen confluir nun punto no horizonte, que se coñece como "punto de fuga", de xeito que cada grupo de liñas paralelas entre si "foxen" a un mesmo punto. Desta maneira, dous segmenos comprendidos entre liñas paralelas pero en diferente posición respecto do punto de vista no que se sitúa o observador resultan ter diferentes lonxitudes, sendo menor o que estea máis lonxe. A perspectiva lineal ou cónica permite de este xeito colocar cada obxecto en distintos planos de profundidade, debuxándoos con tamaños proporcionais á súa posición relativa. Tamén se investigou coa perspectiva aérea. esvaíndo as formas distintas tanto na definición dos seus bordos como na forza das cores. Os artistas do Barroco, pola súa parte, recorreron ao claroscuro, de xeito que as alternancias de manchas de luz e sombra crearan unha sensación de volume.

Resolto o problema da terceira dimensión por medio da perspectiva, os artistas pasaron a preocuparse por outras cuestións técnicas, como os efectos cambiantes que a luz produce nos obxectos. Os impresionistas conseguiron captar esos efectos por medio de manchas de cor, ás veces simples pinceladas xustapostas. Nos últimos tempos do impresionismo, as pinceladas convértense en grandes manchas de cor máis ou menos uniforme que descompoñen a realidade en planos separados.
Pero seguramente a utilización máis orixinal do plano nas artes plásticas corresponde ao cubismo, unha das correntes artísticas máis revolucionarias do século XX. O cubismo aportou aportou novas propostas con respecto á perspectiva clásica, buscando a descomposición do modelo mediante simultaneidade de puntos de vista para representar sobre unha soa imaxe multiples visións da escena descompostas en distintos planos. O cubismo fai uso obsesivo da xeometría, reduce as formas a planos xeométricos e fragmentados, que anulan a profundidade, fundindo no seu tratamento os fondos e as figuras, afastándose da ilusión de profundidade da perspectiva tradicional.
Na primeira metade do século XX produciuse unha renovación da arquitectura que, baixo o nome de "Movemento Moderno", propoñía a liberdade da planta e as cubertas horizontais , orixinando edificios nos que a xeometría e as superficies planasdefinen os espacios. Na imaxe podes ver un exemplo clásico desta nova arqitectura: o pavillón alemán para a Exposición Universal de Barcelona (1929), obra de Mies van der Rohe.