Se
miras ao ceo nunha noite estrelada, poderás ver unha morea de estelas, aparecen
no ceo nocturno como puntiños de luz que chamaron á atención dos seres humanos
desde a orixe dos tempos. Todas as culturas idearon diversas maneiras de unilas
para formar constelacións que aos nosos antepasados lles recordaban formas
familiares.
De vez en cando, póñense de moda os vestidos elaborados con teas que teñen como motivo decorativo os lunares ou pintas de distinta cor que o fondo; con este tipo de teas fanse case sempre, por exemplo, os traxes típicos andaluces.
Fíxate nos debuxos que ten a pel dalgúns animais: a pel do guepardo ou do leopardo, por exemplo (aparte de resultar desgraciadamente atractiva para industria peleteira), permítelles camuflarse entre a vexetación para achegarse as súas presas sen que os vexan ata o último momento. Noutros casos, a camuflaxe permite escapar dos depredadores, como lle pasa a certas especies de volvoretas que imitan a mirada das rapaces nocturnas cos ocelos que teñen pintados nas ás.
En todos os exemplos que acabamos de citar podes ver a forza expresiva da unidade gráfica elemental, que é o punto. Trátase dun elemento que ten unha gran capacidade de atraer tensións visuais.

QUE
É O PUNTO?
Resulta complicado estalecer unha definición de que é o punto, xa que se trata dun concepto teórico, un elemento sen dimensión. O dicionario define o punto como “sinal de pequenas dimensións, ou que por contraste de cor ou relevo, é perceptible nunha superficie” entre outras acepcións, tamén o define como “límite mínimo da extensión que se considera sen lonxitude, latitude nin profundadidade”. Daquela, é que o punto non existe en realidade?
Entre os elementos gráficos que se empregan na comunicación visual, o punto é a unidade máis simple de todas, a letra fundamental do vocabulario das formas. Moitos libros de xeometría definen o punto como o lugar onde se cortan dúas rectas; agora ben, tamén definen a recta como a sucesión de puntos que seguen unha dirección determinada. Considerado como concepto, o punto non ten dimensións (nin lonxitude, nin anchura, nin altura), senón que indica simplemente unha posición no espacio; pero na práctica soe representarse cun circuliño ou unha pequena cruz (evidentemente, a súa forma dependerá da ferramenta con que o representemos: lapis, rotulador, pincel,..)

PUNTO SOLITARIO
Para un elemento sen dimensións (e, polo tanto “invisible”), o punto ten unha gran forza expresiva e atrae a mirada, tanto se está illado como combinado con outros puntos (nunca reparaches no que destaca unha pequena mancha na parede?).
Se debuxas un punto nunha folla de papel, convértese no centro do campo visual, e crea unha tensión que atrae intensamente a mirada do observador. As sensacións que produce poden ser moi diferentes segundoa posición na que estea situado. Así, se debuxas o punto no centro da folla, dará sensación de quietude, estabilidade e, ao mesmo tempo, de importancia, xa que as tensións visuais conflúen cara ao centro. En cambio, se o desprazas a impresión será de inestabilidade e movemento, xa que obriga aos ollos a moverse cara el. A sensación producida varía segundo a situación do punto, porque entra en xogo a percepción subxectiva que produce a nosa experiencia visual, por exemplo, un puno colocado na parte superior da folla transmite unha sensación de importancia, pero tamén de desequilibrio, como se fose a caer; polo contrario, se está situado na paarte inferior, a impresión producida será de calma e repouso, e se se desvía cara á deretita, indicará continuidade, como invitando a cambiar de folla.

COMBINACIÓN DE PUNTOS
A forza expresiva do punto aumenta cando se combina con outros puntos, xa que aparece entre eles unha tensión visual que establece unha relación mutua. Así, se debuxamos dous puntos nunha fola de papel, tendemos a asocialos imaxinariamente, definindo unha liña. O punto adquire desta maneira un significado, como extremo dun segmento ou ben como encontro de liñas (arestas) dun plano ou dun volume.
Se hai máis puntos, as relacións entre eles fanse máis complexas, dependendo da posición relativa en que se atopen. Por exemplo, se situamos unha serie de puntos co mesmo tamaño segunso unha estructura cuadriculada, obteremos unha composición estática e ríxida; a rixidez dininúe se desprazamos unha das filas de puntos respeco doutras “o tresbolillo”, ainda que o conxunto segue a ser un tanto estático. Agora ben, se os distribuímos de xeito aleatorio, a composición resulta dinámica; o efecto de movemento pode reforzarse variando o tamaño ods puntos e incluso a súa cor.
A asociación de multiples puntos tamén pode producir efectos de claroscuro: variando os tamaños relativos e a distancia entre eles podemos producir unha gradación entre zonas iluminadas e zonas escuras, creando unha gama de grises.
Se os puntos son de cores diferentes e están suficienemente próximos, o ollo tende a combinalos, de xeito que cunha gama reducida de tons podemos obter unha gran variedade de cores.

NAS ARTES PLÁSTICAS
O punto ten sido moi utilizado en diferentes expresións artísticas. Por exemplo, desde a época dos romanos ata Idade Media desenvolveuse unha técnica pictórica moi particular:consistía en representar imaxes por medio de teselas de distintas cores pegadas sobre a superficie dunha parede ou dun solo; o conxunto compoñía un mosaico no que cada unha das teselas representa un punto de cor, de xeito que todas xuntas constituían a escena que o artísta quería reproducir.
Na segunda metade do século XIX, un grupo de pintores franceses intentou representar os efectos que a luz producía nos motivos e paisaxes; nacía así o impresionsmo, técnica que emprega pinceladas xustapostas de cores puras, formado unha textura de toques de cor. Como manifestación extrema do impresionismo, apareceu o puntillismo, corrente artística que reproducía as imaxes a base de puntos de cor moi próximos uns aos outros, e moitas veces cun número limitado de cores, a fin de que a síntese de tons se reproducise na retina do observador.
Tamén outros artístas do século XX, como Joan Miró, recorreron aos puntos como forma expresiva que interpreta o seu mundo de soños, asociando o imaxinado co real nunha representación surrealista. Pero quizá levou ata o límite a utilización do punto na pintura foi Roy Lichtenstein: seguindo a estética das bandas deseñadas, utilizou viñetas illadas e ampliadas e converteunas en pinturas reproducindo a cor a base de tramas de puntos propias da imprenta.

NA TÉCNICA
Colle unha foto do periódico e míraa con atención. Se te achegas ben ou a amplías verás que está constituida por unha trama de puntiños independientes de diferentes tamaños, que son máis pequenos nas áreas claras e máis grandes nas escuras; nestas últimas, os puntos chegan a ser tan grandes que se unen entre sí, de xeito que o que realmente apreciamos son os puntos brancos a que quedan reducidos os espacios entre eles. Esta é unha técnica tipográfica que se coñece como tramado. Desta maneira, a variación de tamaño dos puntos orixina unha gama de grises que reproducen os diversos tons de cor da escena.
A fotografía reproduce as imaxes dun xeito parecido: ao impresionar a película, a luz provoca unha reacción química na mesma e, como resultado, as partículas de bromuro de prata que a recobren agrúpanse formando pequenos grumos, que son os puntos que compoñen a imaxe. Canto máis sensible sexa a película, maiores serán eses grumos; por esa razón as fotos feitas en espectáculos deportivos, en condicións de pouca luminosidade, presentan un punteado máis visible que as tomadas a pleno sol.
O mesmo sucede na televisión: se observas a pantalla de cerca, verás que a imaxe está constituida por puntiños, chamados “pixels”, de só tres cores: vermella, verde e azul; as diferentes combinacións destes pixels orixina toda a gama de cores que vemos na pantalla.
O mundo da publicidade tamén recorre moitas veces ao punto para a elaboración das súas mensaxes, en forma de carteis, páxinas publicitarias ou dentro de espots televisivos. Os logotipos de moitas empresas incluen composicións con puntos, e nalgunhas supoñen a base da súa imaxe empresarial..