Mickey Mouse
Mickey Mouse é un personaxe de debuxos animados e emblema da compañía Disney. Creado en 1928, este antropomórfico rato ten unha orixe disputada. A lenda oficial explica que foi creado porWalt Disney durante unha viaxe en tren, e que o seu nome inicial foi Mortimer, pero que cambiou a Mickey a petición da súa esposa, Lillian. Segundo Bob Thomas, a lenda do nome é ficticia, e cita o caso dun personaxe chamado Mortimer Mouse, que naceu en 1936, tío de Minnie Mouse. A versión máis verosímil é que o personaxe foi creado polo debuxante Ub Iwerks, a petición de Disney, para compensar a perda dos dereitos de Oswald, o coello afortunado, a mans da Universal. O certo é que Mickey non é máis que unha variación do personaxe de Oswald. A Walt Disney hai que atribuírlle tanto a voz do personaxe (dobrouno durante 17 anos) como a personalidade e o carácter do rato.
The Walt Disney Company celebra o aniversario de Mickey o 18 de novembro de 1928, a raíz da estrea de Steamboat Willie, primeira curtametraxe sonora de debuxos animados, e terceira aparición do rato. Walt Disney prestou a súa voz ó personaxe desde 1929 ata 1946, cando foi substituído polo técnico de son Jimmy MacDonald. Desde 1983 a voz é de Wayne Allwine. Ó longo dos anos Mickey apareceu en debuxos animados, tiras cómicas, videoxogos, e converteuse na icona da compañía Walt Disney..