Stop motion
O stop motion, animación en volume, parada de imaxe, paso de manivela, foto a foto ou cadro por cadro é unha técnica de animación que consiste en simular o movemento dos obxectos estáticos por medio de unha serie de imaxes fixas sucesivas.
En xeral denomínase animacións de stop motion ás que non entran na categoría de debuxo animado, nin na de animación por ordenador; isto é, que non foron debuxadas nen pintadas, senón que foron creadas tomando imaxes da realidade. Así pois, o stop motion utilízase para producir movemento animado de calquera obxecto, tanto ríxido coma maleable: xoguetes, bloques de construción, bonecas articuladas ou personaxes creados con plastilina.
Poderíamos tamén definir esta forma de animar como a animación en estado puro, debido a que se construe o movemento fotograma a fotograma; manipulando o obxecto coas propias mans, así coma traballando con outros materiais (plastilina, arxila, area, recortes de papeis, tizas sobre chans e muros...) de xeito progresivo, cara adiante e sen posibilidade algunha de marcha atrás.