Os Sistemas de Representación son os diferentes procedementos de debuxo empregados para describir en dúas dimensións corpos tridimensionais, xa sexan pezas industriais, obxectos de calquera tipo ou, edificios, elementos arquitectónicos, etc...
Xeometría Descritiva
aÉ a parte da xeometría que estudia os diversos sistemas de representación e ten por obxecto o trazado de figuras espaciais nun plano, así coma resolveren no plano diversos problemas que se presentan no espazo.
Clases de proxección
A proxección dun punto sobre un plano é a intersección do raio proxectante que pasa polo punto co plano de proxección
- Proxección central ou cónica. Todos os raios proxectantes parten dun punto fixo chamado centro de proxección.
- Proxección cilíndrica. Todos os raios proxectantes son paralelos a unha dirección dada, e dicir, o centro de proxección é un punto impropio (ubicado no infinito).
- Proxección cilíndrica oblícua. Os raios son oblicuos respecto do plano de proxección.
- Proxección cilíndrica ortogonal. Os raios son perpendiculares ao plano de proxección.
Sistemas de representación
Son procedementos para debuxar con exactitude nun plano, que ten dúas dimensións, obxectos tridimensionais.
Algúns dos sistemas máis habituais son:
- Sistema diédrico. O tipo de proxección que utiliza é a proxección cilíndrica ortogonal.
- Sistema de planos acoutados. Utiliza tamén a proxección cilíndrica ortogonal.
- Sistema axonométrico. Ten a súa base igualmente na proxección cilíndrica ortogonal.
- Perspectiva cabaleira. Este sistema basea a súa representación na proxección cilíndrica oblicua.
- Perspectiva militar. Tamén emprega a proxección cilíndrica oblicua.
- Sistema ou perspectiva cónica, frontal ou oblicua. Está baseado na proxección cónica.
En calquera dos sistemas de representación, a calquera punto do espazo correspondelle unha representación no plano e viceversa: de unha representación do plano débese de poder deducir a posición de calquera punto no espazo. Esta propiedade denomínase reversibilidade.